Ondas de Lira

XUR

Compositor: Xurxo Trillo Sendón / XUR

Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín
Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín

Pode que penses que non son horas
Podes pensar que esta carta sobra
Mais inda así se non falo agora
Pode que nunca na vida te teña de volta
Todo o que ti me das
Faime querer dar un paso atrás
Non me preocupa ter feito en van
Tantos castelos que erguín pedra a pedra coa man

Dáme igual
Se os corazóns que chegaron se van
Quero quedarme tranquilo e escoitar
Ás ondas do mar que me falan de ti, saben que

En Mar de Lira probei eses beizos que saben a sal
Vin o luceiro de cada segredo que gardas no ollar
E anque esta historia acabou inda espero que mires atrás
Porque quizais cando pase a tormenta decidas voltar
Vivo agardando coas ondas de Lira e coa vida na man

Quero sentir que te volvo a ter
Na soidade do anoitecer
Que ese areal que nos viu crecer
Saiba que estamos correndo da man outra vez
Cantos camiños seguín
Todos me levan de novo a aquí
Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín

Dáme igual
Se os corazóns que chegaron se van
Quero quedarme tranquilo e escoitar
Ás ondas do mar que me falan de ti, saben que

En Mar de Lira probei eses beizos que saben a sal
Vin o luceiro de cada segredo que gardas no ollar
E anque esta historia acabou inda espero que mires atrás
Porque quizais cando pase a tormenta decidas voltar
Vivo agardando coas ondas de Lira e coa vida na man

Coa vida na man, uh
Vou volver a Lira
Por ti volvo a Lira
Vou volver a Lira
Por ti volvo a Lira, uh

Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín
Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín
Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín
Poden sacarme de Lira a min
Pero non poden borrar o que en Lira vivín

©2003- 2025 lyrics.com.br · Aviso Legal · Política de Privacidade · Fale Conosco desenvolvido por Studio Sol Comunicação Digital